Medicina Rural: Manifesto de Ávila

O 25 e 26 de Novembro de 2016 celebrouse en Ávila a Xornada sobre o “Presente e Futuro da Medicina no ámbito rural en Castela e León”(http:// www.socalemfyc.org/blog/item/247-presenteyfuturorural), antesala das “I Xornadas de Medicina Rural da semFYC” e lugar de presentación da Declaración de Ávila (http://www.agamfec.com/declaracion-de-avila/), cuxo obxetivo final é o recoñecemento do médico de familia rural como “figura imprescindible do Sistema Nacional de Saúde”.

¿Por que en Ávila? Porque Castela e León é unha das comunidades autónomas cunha das redes de consultorios locais máis amplas de España; de feito, o 35% dos consultorios locais do país sitúanse nesta comunidade (datos de Sacyl 2015), con máis de 3.500 consultorios locais, dos cales máis de 1.500 atópanse en municipios de menos de 50 habitantes.

Galicia é claramente rural. Identificar un municipio determinado como rural pode resultar unha acción de carácter totalmente subxectiva; con todo, é necesario establecer unha medida que permita cuantificar o grado de ruralidade dun municipio concreto para, posteriormente, suscitar actuacións que conduzan a un aumento no nivel de benestar da poboación que o habita. Con esta filosofía elaborouse o índice de ruralidade, e da súa aplicación resulta que dun total de 315 municipios galegos, só 7 son claramente urbanos; e dentro dos rurales, 184 categorízanse como municipios rurais de pequeno tamaño (aqueles de menos de 5.000 habitantes), o que supón cerca do 15% da poboación galega; polo tanto é evidente que unha gran parte dos médicos de familia da nosa comunidade desenvolvemos a nosa actividade asistencial no medio rural.

O manifesto pon en valor á medicina rural como aquela que garante a igualdade e a accesibilidade da poboación rural aos servizos de saúde: actividades de prevención e promoción da saúde, actividades comunitarias, educación sanitaria… e asumindo incluso unha función social en poboacións onde o médico é o único servizo que queda (coa posible desaparición dos mestres, dos curas, das farmacias).

Os médicos rurais continúan sendo, xa que logo, profesionais próximos ao paciente, a súa contorna familiar e ao conxunto da poboación, prestando unha asistencia intregral e integrada. A imaxe do médico que realiza a súa labor illado e só (“isolated rural general practicioner”, Congreso WONCA Rural-Santiago de Compostela, 2003) cambiou: na actualidade. Estos son profesionais cunha alta experiencia, unha boa formación e con recoñecida capacidade para a docencia (Rotación Rural do programa da especialidade), a autoxestión, ademais de ter inquedanzas científicas e investigadoras, avanzando de forma paralela aos cambios tecnolóxicos.

Pero do mesmo xeito que a poboación galega envellece, e máis no medio rural, os médicos tamén, de tal forma que se prevé unha alta taxa de xubilacións neste medio. Mellorar as condicións de traballo, a dispersión xeográfica, a atención domiciliaria, o transporte, a prolongación da xornada… é necesario para asegurar o recambio neste medio.

O médico rural segue sendo imprescindible, de aí o gran valor da actividade dos grupos de traballo de Medicina Rural nas diferentes sociedades federadas de semFYC. Grazas á coordinación e o traballo en equipo ao longo de todo o territorio nacional nace o manifesto que dá nome a esta editorial, e o cal invito a ler, reflexionar, criticar, discutir… e mesmo engadir toda achega, xa que enriquecerá o documento e, polo tanto, á Medicina Rural.

No 2017 as II Xornadas de Medicina Rural de semFYC celebraranse en Zaragoza, e AGAMFEC estará alí representada por todo aquel socio que queira asistir.

Para unirse ao grupo de traballo, compartir experiencias e como punto de encontro de todo profesional que esté interesado na medicina rural, está á vosa disposición a conta de correo rural@agamfec.com e na web http://www.agamfec.com/grupo-de-medicina-rural-2/

Texto completo – pdf

About AGAMFEC

AGAMFEC é a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, federada da asociación nacional semFYC.

Deja una respuesta

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.