Atrapamento de pálpebra superior por cremalleira

Palabras chave: lesión, pálpebra, cremalleira. Palabras clave: lesión, párpado, cremallera. Key words: injury, eyelid, zipper.
Declaramos: que non existe fonte de financiamiento e que non existe ningún conflito de intereses. Tendo en conta que o caso clínico implica a unha menor, contamos co consentimento informado por escrito do seu pai, para a publicación do caso con reserva dos datos de filiación da menor.

INTRODUCCIÓN
Muller de 14 anos acode ao Punto de Atención Continuada (PAC) co seu pai por atrapamento da pálpebra superior do ollo esquerdo con cremalleira. Introducindo pola cabeza un xersei, a paciente notou que non lle entraba ben por cremalleira pechada en pescozo do xersei, ao abrila terminou a mesma atrancada coa pálpebra superior esquerda. A paciente acudiu a centro sanitario aos 60 minutos do suceso. Presentaba dor e ansiedade. Administrámoslle 1 comprimido de diazepam 5 mg vía oral. Recortamos xersei contorna á cremalleira e avaliamos a situación. Vertemos aceite mineral cosmético sobre a cremalleira. Iniciamos conversación coa paciente co obxectivo de desviar a súa atención e subimos a cremalleira con suavidade pero con firmeza. A cremalleira pechouse suavemente, liberando a pálpebra sen provocarlle ningunha ferida; quedando unicamente unha marca temporal pola presión da cremalleira sobre ela.

Descargar PDF: 24-1-Casos clinicos_3

About AGAMFEC

AGAMFEC é a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, federada da asociación nacional semFYC.

Deja una respuesta

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.