O martes día 24 de xuño de 1902 celebrábase, na igrexa de San Salvador do Piñeiro de Allariz , a misa de funeral por un veciño, ás dez da mañá, no medio dunha forte tormenta, con choivas torrenciais e aparello eléctrico. Os campesiños que se atopaban facendo labores agrícolas nos arredores correron a resgardarse na igrexa, ateigándoa. O sancristán pechou a porta. Á media hora, cando seis sacerdotes entoaban o salmo de defuntos, un raio caeu sobre a igrexa. O resultado: 25 mortos e máis de 40 feridos graves, algúns dos cales faleceron nos días ulteriores. Entre eles non se atopaba ningún dos sacerdotes.
Ler completo: