INTRODUCIÓN
A maioría das medidas adoptadas para loitar contra a pandemia por Covid-19 céntranse en tratar a enfermidade como unha patoloxía infecciosa e en cortar as vías de propagación do virus. Porén, algúns expertos van máis alá da pandemia e falan que estamos ante unha sindemia e que, para afrontala, a medicina non chega.
O termo “sindemia” nace nos anos 90, cando o antropólogo médico Merrill Singer observou que nos pacientes con VIH coexistían tres ameazas interconectadas: o abuso de substancias, a violencia e a sida. Nese momento propuxo que estas variables sociais debíanse ter en conta para facer fronte á enfermidade
Descargar PDF