Especial Abstracts Premios á investigación para residentes de Atención Familiar e Comunitaria da EOXI de Vigo. 1ª e 2ª edicións

Ana Clavería Fontán – TÉCNICA DE SALUD DE ATENCIÓN PRIMARIA, EOXI VIGO. INSTITUTO DE INVESTIGACIÓN GALICIA-SUR. REDIAPP, 36201 VIGO, SPAIN

“Se realmente cremos que a atención primaria é demasiado importante para fallar, como garantiremos o seu éxito?”. Esta é a pregunta que motivou o impulso á investigación para residentes de Atención Familiar e Comunitaria da EOXI de Vigo. A prestación de atención primaria é complexa e cambiar un sistema complexo está infestado de dificultades e desafíos, o que leva á analoxía común de redeseñar un avión mentres está a voar. Un dos métodos máis prometedores para apoiar a transformación da atención primaria é un modelo que apoie unha relación continua entre a investigación e a práctica clínica, iniciada e executada polos propios profesionais.

Dende 2017, A Xerencia da EOXI de Vigo, no marco do Instituto de Investigación Biomédica Galicia Sur, convoca os premios á investigación para residentes de Atención Familiar e Comunitaria, co fin de promover a actividade investigadora e a participación internacional dos seus profesionais dende o seu período de formación. Neste sentido, este premio pretende recoñecer os traballos de investigación levados a cabo por residentes da Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria de Vigo, ó longo do seu período formativo. O premio financia a inscrición, viaxe e aloxamento para a presentación do proxecto premiado nunha reunión científica da European General Practice Research Network. O xurado reservarase a posibilidade de estimular a investigación a través da entrega de un accésit a calquera outra investigación que non teña sido a galardoada, pero que pola súa relevancia mereza tal distinción. É necesario defender o proxecto finalizado no acto de presentación dos traballos de investigación durante a residencia. O xurado estará composto por profesionais con recoñecida experiencia investigadora no ámbito da Atención Primaria e sen conflitos de interese. Para outorgar os premios, avaliaranse os seguintes criterios: Interese para a práctica clínica en Atención Primaria, orixinalidade e potencial innovador do descubrimento científico, aplicabilidade e impacto dos resultados da investigación no Servizo Galego de Saúde, metodoloxía (obxectivos, deseño, aspectos ético-legais, resultados, conclusións, multicéntrico ou cooperativo, difusión).

No ano 2017, o xurado estivo formado por profesionais da área de Ourense (dous médicos de familia e un enfermeiro) e os traballos seleccionados foron:

  • Primeiro Premio: The ABCD assessment tool in COPD patients with GOLD 2017 and GOLD 2016 guidelines. EGPRN Dublin 2017.
  • Accésit: Actuación comunitaria en diabetes a traves de interpretacion teatral.

No ano 2018, o xurado estivo composto por profesionais da área de Pontevedra (un médico de familia, unha enfermeira comunitaria, un profesor de universidade) e os traballos premiados foron:

  • Primeiro Premio: Methodology to implement the laugh therapy in primary care centre. EGPRN Sarajevo 2018.
  • Accésit: Sensibilidad y especificidad por grupos etarios del test del dímero D. ¿Es posible interpretar sus datos con mayor precisión?

Premios 2018

Premios 2017

Ver en PDF: 24-1-PREMIOS

About AGAMFEC

AGAMFEC é a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, federada da asociación nacional semFYC.

Deja una respuesta

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.