MALAS NOTICIAS

Cartas al director:
MALAS NOTICIAS
BAD NEWS
Olalla López Grandal

Cad Aten Primaria 2017; 23 (1):62

AUTOR:  Olalla López Grandal. Médico Familia, Pac Ferrol

(a propósito dun caso clínico) Pseudónimo da paciente: Carmen

Antes de traballar no Pac Ferrol (penso que un dos peores destinos para un médico de familia, pero isto será obxeto de outra comunicación, se cadra), estiven nunha consulta de AP no CS Pontedeume, lugar onde traballaba e vivía. Pobo pequeno cuns 8000 hab, polo que resultaba difícil, e moitas veces incómodo, convivir cos meus pacientes.

Unha tarde entrou na consulta a miña paciente Carmen. O motivo da visita era preguntar sobre un TAC torácico que pediron dende neumoloxía por unha tos e disnea progresiva. Alarmouna o feito de que lle repetiran o TAC ós dous días do primeiro, sen decirlle motivo e sen comunicarllo ningún médico, só dende raios. A accesibilidade e a confianza que depositan os pacientes en nós (médicos de AP) motivou a consulta.

Carmen 42 anos,VIH ( contaxio descoñecido), casada con dous fillos, levaba case un mes con dor dorsolumbar, que non melloraba con analxesia habitual e RX sen datos agudos de interés.

Cando me pedíu a información abrín directamente o informe do TAC torácico, e a miña expresión mudou sen darme conta, sen poder disimular unha mala noticia que non esperaba ler nin contar. A paciente decatouse de que algo ía mal, así que decidíu axudarme e dixo: “Olalla, por favor, léeme el informe tal y como está”.

Comencei a ler, o máis neutra que puiden , sabendo que a protagonista estaba escoitando e mirando o que eu dicía : “ Masa subdiafragmática derecha en probable relación a NEO de PANCREAS …”. Polo visto no primeiro TAC torácico atoparon unha imaxe marxinal que lles chamou a atención por eso repetiron o segundo TAC collendo neste caso máis zona abdominal. Tamén quedaba así, desvelada a orixe da dor dorsolumbar dun mes de evolución.

Acabei de ler o informe e mireina, sentada ó outro lado da mesa. Estaba calada, serea e cun sorriso dándome as gracias por leerlle o informe, e sabendo o mal pronóstico da súa recén diagnosticada enfermidade. Expliqueille os pasos a seguir centrando a conversación na biopsia para verificar diagnóstico e que a partir de ahí virían uns meses duros, de loita e sufrimento para os que tiña que prepararse. Logo pensou nos fillos, sobre todo no pequeno de 4 anos, e rompeu a chorar.Pouco.

Cando saeu da consulta, necesitei varios minutos para asmilar o que acababa de pasar e continuei a traballar, desconcentrada, co resto dos pacientes da sala. Foi un deses días, nos que levas o traballo a casa.

Ó día seguinte, dende admisión pasáronme unha chamada. Era Carmen: “Olalla cómo estás?, sé que ayer lo pasaste mal y quería saber cómo estabas “.

Foi unha das mellores recompensas que tiven como Medico, e sei que nunca se me olvidará esa muller valiente, loitadora, que estivo un ano compartindo conmigo o seu sufrimento dunha maneira increíblemente heroica e plácida.

Quixen compartir esta historia, que levo dous anos gardando, porque penso que temos unha enorme responsabilidade clínica e psicolóxica sobre os pacientes que depositan en nós toda a súa confianza, e necesitamos mellorar na nosa comunicación tanto en malas noticias como noutras que non o son tanto. Empatía é a clave dunha boa comunicación nas consultas de Atención Primaria.

Empatía para explorar

Empatía para comunicar

Empatía para que os pacientes tamén se poñan no noso lugar.

 

Descargar numero en pdf: cadernos2017vol1
Volume 23 (1). Xullo 2017.

About AGAMFEC

AGAMFEC é a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, federada da asociación nacional semFYC.

Deja una respuesta

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.