Tempos de crise, tempos de cambio

Editorial:  Tempos de crise, tempos de cambio

Times of Crisis, Times of Change

AUTOR: JESÚS SUEIRO JUSTEL

 Cad Aten Primaria 2017; 23 (1):1

Como en tantas outras veces na historia, atopámonos nunha etapa de ambigüedades e cruce de camiños. Escoitamos discursos oficiais, novas felices e realidades crudas, situacións personais e profesionais que nos prenden as alarmas. Xa pasou a crise, a economía está en niveis da bonanza, mais non temos noticia dela nos nosos petos, nin na mellora de situación laboral dos nosos compañeiros mais novos. Noso PIB medra, mais o investimento en sanidade, e en AP específicamente, non levanta cabeza.

A situación de perda de relevanza da AP manifestase pola deserción nos residentes e a desmoralilzación e desmotivación dos profesionais, pero o mesmo tempo xurden movementos de protesta e reivindicación. Eiquí en Galiza, dende Vigo as sociedades científicas e colexios médicos; en Cataluña, Andalucía, etc comenzan a vislumbrarse pingas de rebeldía ante a situación de abandono e perda de autoestima.

Lembrando a R. Smith, ex director da revista BMJ, cando manifestaba a sua antipatía polos médicos de AP e consideraba a especialidade de MF como a mais plañidera de todas, remataba cunha proposta: “Propoño unha moratoria nos prantos e pola contra un festival de ideas para reinventar a medicina xeral”.

Non lle falta razón nese argumento: estamos fartos de afirmar da falta de adecuación do sistema sanitario, pensado para a patoloxía aguda, o novo paradigma da atención os doentes crónicos, mais tamén temos que liderar unha revolución na AP na que reivindiquemos noso rol de microxestores, mesmo de clínicos para coordinar equipos en verdade multidisciplinarios adicandonos a actividades de valor en resultados de saúde, rexeitando burocracias, actividades fútiles programas e servicios sen evidenca científica, impregnando todo o noso traballo de sensatez, de expectativas realistas para os nosos doentes e dando resposta as verdadeiras cuestión que a eles lles importan: A sua calidade de vida e o arraigo personal, familiar, laboral e social. Nestos tempos de disyuntivas e o momento de xunguir esforzos e estratexias de tódolos médicos de familia, máis tamén de todolos profesionais da AP cara ese noble obxetivo.

 

Descargar numero en pdf: cadernos2017vol1
Volume 23 (1). Xullo 2017.

About AGAMFEC

AGAMFEC é a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, federada da asociación nacional semFYC.

Deja un comentario