Editorial AGAMFEC: A docencia de Medicina de Familia na Universidade: un rei sen camisa

Pasado, presente e futuro do sistema de saúde están baseados na Atención Primaria. Pasado, presente e futuro da Atención Primaria están baseados nos seus profesionais.Desde unha perspectiva pedagóxica, esta é a idade de ouro da educación médica de posgrao. Ensino e avaliación innovadoras. Métodos baseados en obxectivos deron paso á aprendizaxe continuada; as conferencias pasivas a pequenos grupos interactivos.

Formación en comunicación baseada en simulación, habilidades procedementais, e a complexa toma de decisións substituíu a escoita. A certificación apoia plenamente a aprendizaxe ao requirir avaliación multidimensional, desde múltiples perspectivas, en lugar de exames. Moitos países esfórzanse por emular o noso sistema educativo.

Pero a situación na Universidade está moi afastada desta realidade. O coñecemento e a experiencia da formación de posgrao poden, e deben, ser trasladables ao pregrao. Esta é, en poucas palabras, a nosa proposta: materia, metodoloxía, prácticas, estructura docente, selección de profesores e avaliación de alumnos, piden unha revisión profunda da docencia de Medicina de Familia e Comunitaria (MFeC) na Universidade.

Ver completo

Descargar PDF

About AGAMFEC

AGAMFEC é a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, federada da asociación nacional semFYC.

Deja una respuesta

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.